{youtube}Ao8gjht3c2c{/youtube}
O pasado 10 de decembro deuse comezo o campionato do Pico, spot situado o carón da coñecida Praia de Patos.
As condicións inmellorables para un fin de semana de inverno, vento sur e mar do oeste , facilitaron o bo surf dos nosos mellores surfistas galegos.
Na modalidade de Surf Master o ganador foi o Brasileiro afincado na Coruña, Eric Rebiére, seguido de Milo Castelo (o que deleitounos cunha das mellores manobras do surf, os sempre esperados tubos que ofrecen as ondas), Jaji Iglesias (incondicional local desta Praia) e Santiago Chamorro, Pontevedrés que tamén coñece esta onda dende fai anos.
En Surf Open Feminino a primeira posición foi para Cristina Iglesias (local da Praia de Patos) que lle arrebatou o posto a sempre gañadora Isabel Gudín que quedou nun segundo posto, seguida de Gabriela Serna e Laura Soto.
En Surf Open Masculino de novo Eric Rebiére fíxose coa victoria demostrando todos os seus anos de experiencia tanto en competición como no manexo das grandes ondas,seguido por Martin Cortijo no segundo posto do podio, Juan Fernandez no terceiro lugar e Pablo Montero nun cuarto.
Cabe destacar a outros surfistas que non visitaron o podio esta vez pero si destacar a sua fluidez neste deporte como Luis Ansín .
O campeonato gozou de boa sintonía e de mellor tempo, podendo disfrutar do bo surf mentres se observaban as mangas dende primeira liña.